Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25039

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (925/2017 F).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, mediante este edicto

Anuncio:

Que no procedemento de xuízo verbal 925/2017 F, seguido por instancia de Toyota Kreditbank GMBH fronte a Francisco Daniel Pérez Garzón, se ditou Sentenza do 26.3.2019.

E, encontrándose Francisco Daniel Pérez Garzón en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma a este, indicando que o interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra a devandita resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo dos 20 días seguintes ao da súa notificación.

A Coruña, 2 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza