De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal do trámite de audiencia referente a un expediente de compatibilidade a través do servizo de Correos, esta non se puido practicar, polo que se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Por tanto, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o trámite de audiencia referente a súa solicitude de compatibilidade.
A persoa interesada pode recoller o trámite de audiencia mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o referido prazo terase por efectuado o trámite de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e procederase a ditar a resolución que corresponda.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2019
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Expediente de compatibilidade.
DNI: 76724362L.
Acto de notificación: trámite de audiencia.