Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de maio de 2019, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador OU-S-76/2018 e un máis por infraccións leves en materia de turismo.

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que no anexo se relacionan as resolucións do expediente sancionador OU-S-76/2018 e un máis, do xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Os interesados poderán recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, na rúa Curros Enríquez, 1-3º andar, de Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentaren recurso no dito prazo, as sancións devirán firmes, e deberán aboar os importes das multas no seguinte prazo: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Facenda, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Ourense, 9 de maio de 2019

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-76/2018.

Titular sancionado: Marcos Vinicios Cahnizares Días.

Establecemento: Toro Bravo.

Enderezo: Curros Enríquez, 2.

Localidade: Verín.

Resolución: 11 de febreiro de 2019.

Tipificación da infracción: artigos 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción: seiscentos (600) euros.

Expediente: OU-S-8/2019.

Titular sancionado: Aarón Iglesias Cadaya.

Establecemento: Café bar Cátedra.

Domicilio: Ervedelo, 9.

Localidade: Ourense.

Resolución: 30 de abril de 2019.

Tipificación da infracción: artigos 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción: trescentos (300) euros.