Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1090/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1090/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Rodríguez Cala contra Eva Garrido Sánchez e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Sergio Rodríguez Cala contra a empresaria individual Eva Garrido Sánchez e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresaria individual Eva Garrido Sánchez a que lle aboe ao demandante a cantidade de 571,01 euros brutos, en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas deste procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso. Así o pronuncia, manda e asina por esta miña sentenza a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Eva Garrido Sánchez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza