Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25479

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 434/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre Seguridade Social 434/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Diego Suárez Iglesias contra a empresa La Empanadilla Saborosa, S.L. La Empanadilla Saborosa, S.L., Mutua Asepeyo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Parte dispositiva.

Dispoño: ter por desistido a Diego Suárez Iglesias da súa demanda de reclamación de cantidade presentada en data 25.5.2016, 17.57, fronte á La Empanadilla Saborosa, S.L. La Empanadilla Saborosa, S.L., Mutua Asepeyo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa Fondo de Garantía Salarial.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 LXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma á La Empanadilla Saborosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia e o taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza