Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25548

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de actuacións sobre xestión da biomasa.

En cumprimento do disposto nos artigos 40, 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para o suposto de que os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada ésta, non se puider efectuar, polo presente anuncio notifícanse os interesados que se relacionan no acto administrativo que se cita, para cuxo coñecemento íntegro poderán comparecer nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello de Marín, sito na avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín, en horario de oficina das 8.00 ás 15.00 horas.

Expediente núm.

Interesado

NIF

Referencia catastral/nº parcela-polígono

Emprazamento

32/17-DU

Guillermo Calviño Juncal

-

3226605NG2932N0001OM

Mogor

DU450-001-2018

-

35141299J

4634007NG2943S0001OY

Jaime Janer

10/18-DU

-

-

36026A005002040000LR

Rúa Inferniño

DU450-012-2018

-

35141371Q

3429104NG2932N0001WM

Aviador Calviño

67/18-DU

-

35274125Z

Parcela 93 do polígono 6

A Laxe

DU450-005-2018

-

33182654W

36026A051000090000LM

Camiño Lapamán

Acto que se notifica: acordo de instrución de orde de execución, con base no disposto nos artigos 15.1.b) do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana; 135 y 136 da Lei 2/2016, do solo de Galicia; 333 ao 336 do Decreto 143/2016, polo que se aproba o regulamento da Lei do solo de Galicia; 7, 21 e seguintes e DA 3ª da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; 7 da Ordenanza reguladora do deber de conservación de edificacións e terreos nas condicións de funcionalidade, seguridade e ornato público e do artigo 54 da Ordenanza reguladora de intervención urbanística municipal en obras e actividades, en relación coa xestión da biomasa.

Primeiro. Ordenar, en virtude do instruído, ás seguintes actuacións:

a) Xestión da biomasa (labores de corta e roza) da parcela arriba referenciada, con retirada do material resultante a un vertedoiro autorizado, nunha franxa de 50 metros:

• Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

• Arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais sitas a menos de 400 metros do monte.

• Ao redor das edificacións illadas en solo rústico sitas a máis de 400 metros do monte.

b) Retirada das especies arbóreas da devandita parcela que estean recollidas na DA 3ª da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que se atopen a unha distancia de 50 metros do perímetro sinalado no punto anterior. As devanditas especies son as seguintes:

Especie

Nome común

Pinus pinaster

piñeiro galego

piñeiro do país

Pinus sylvestris

piñeiro silvestre

Pinus radiata

piñeiro de Monterrei

Pseudotsuga menziesii

piñeiro de Oregón

Acacia dealbata

mimosa

Acacia melanoxylon

acacia negra

Eucalyptus spp

eucalipto

Calluna vulgaris

queiroga común

Pterospartum tridentatum

carqueixa común

Cytisus spp

xesta

Erica spp

uz

Genista spp

piorno

Pteridium aquilinum

fieito común

Rubus spp

silva

Ulex europaeus

toxo arnal

Segundo. O prazo de execución das actuacións será de 15 días naturais ou de tres meses no caso das franxas laterais das vías de comunicación, segundo o disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, contados tras a recepción da notificación da resolución.

Terceiro. Advírteselle de que, no caso de incumprimento dunha orde de execución, a Administración municipal procederá á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, fixará en informe do técnico municipal unha multa coercitiva para impoñer por importe de 1.000 euros, reiterables trimestralmente segundo o disposto nos artigos 135.4 e 136.4 da LSG e 336.1 do RLSG.

En caso de persistencia no incumprimento, transcorrido o dito prazo, poderá procederse á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Cuarto. Informarlle que está obrigado a comunicar e xustificar documentalmente que procedeu ao ordenado no parágrafo primeiro, xa que, en caso contrario, procederase de acordo co sinalado no parágrafo terceiro.

Quinto. Notificarlles aos interesados que estamos ante un acto administrativo definitivo, polo que cabe interpoñer contra el recurso de reposición no prazo dun mes, ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación; sen prexuízo doutros que se consideren pertinentes.

Marín, 2 de maio de 2019

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa