Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25576

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019

Convenio

Achega consellería (€)

Data da sinatura

Protocolo de adhesión do Concello de Ponteareas ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015, entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

22.1.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Axencia Galega de Infraestruturas para a execución da obra do espazo público AMIZAR (reforma integral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa Gregorio Hernández da Coruña)

Sen achega económica

11.3.2019