Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Parada, no concello de Lalín (clave 2019/0015).

De conformidade co artigo 47, número 3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe de impacto ambiental do 6 de maio de 2019 relativo ao proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Parada, no concello concello de Lalín, promovido por Evaristo José Areán Fernández.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático