De conformidade co artigo 47, número 3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe de impacto ambiental do 6 de maio de 2019 relativo ao proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Parada, no concello de Lalín, promovido por Carmen Méndez Currás.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático