Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25805

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2019 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpo docente universitario.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 do decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril) (en diante LOU); no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios (en diante RDAN), e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante RDCA), e a teor do establecido nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), da Xunta de Galicia (en diante EUDC), en execución da oferta de emprego público (OPE) de persoal docente e investigador para o ano 2019, aprobada pola Resolución do 8 de abril de 2019 (DOG do 16 de abril), esta reitoría, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 dos EUDC resolveu convocar concurso de acceso, polo sistema de promoción interna, das prazas de catedráticos de universidade que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Este concurso rexerase pola LOU, o RDAN, o RDCA, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e, naquilo que non estiver previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado.

1.2. Os concursos de acceso terán procedemento independente para cada praza ou prazas convocadas.

1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios.

Para o cómputo dos prazos, o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.

2. Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Requisitos xerais.

Para ser admitido/a á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos que, en virtude de tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

Tamén poderá participar o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estiveren separados de dereito, e os seus descendentes, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente, poderán participar as persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. As persoas aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar que non foron sometidas a ningunha sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

2.2. Requisitos específicos.

De conformidade co disposto no ordinal 2º do artigo 62 da LOU, na redacción dada pola disposición derradeira segunda do Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro, poderán presentarse ao concurso das prazas comprendidas na presente convocatoria os/as funcionarios/as de carreira do corpo de profesores/as titulares de universidade, catedráticos/as de escola universitaria ou da escala de investigadores/as científicos/as dos organismos públicos de investigación, que prestasen, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo dita condición.

Os/as funcionarios/as que participen neses concursos deberán estar acreditados/as para o corpo docente de catedráticos/as de universidade.

Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos.

2.3. Presentación dos requisitos.

Os requisitos establecidos nas presentes bases deberán cumprirse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo III desta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015.

3.2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa da Mestranza, 9, A Coruña), ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro). As solicitudes que se presentaren por medio das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderán cursarse por medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame serán de 42,24 euros e ingresaranse na conta corrente ES76 0049-5030-15-2516011262, concursos-oposicións, no Banco Santander-Central Hispano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da devandita entidade ou mediante transferencia bancaria na cal deberá constar obrigatoriamente o nome e os apelidos da persoa interesada e a referencia da praza á que concursa. En ningún caso a presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación no tempo e na forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, será causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participaren deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dun nacional doutro Estado co que teñan o devandito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estaren separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive a expensas súas ou está ao seu cargo.

b) Copia compulsada dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na base 2.2.

c) Xustificante orixinal do pagamento dos dereitos de exame.

Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da discapacidade ou do documento acreditativo de familia numerosa segundo corresponda.

3.4. Os erros de feito que se puidesen advertir poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes e poden unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevinda, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

4. Admisión dos/das aspirantes.

4.1. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente da Universidade da Coruña ditará unha resolución que aprobe a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro electrónico oficial da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal/services/electronic_board), e a título divulgativo no enderezo da internet: (https://www.udc.es/gl/pdi/concursos/concursos_funcionarios/index.html).

4.2. Contra a devandita resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas esas reclamacións, publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.

4.3. De acordo co previsto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, estas publicacións producirán os mesmos efectos da notificación persoal ás persoas interesadas.

5. Comisión de acceso.

5.1. De acordo co que establece o artigo 81 dos EUDC, a composición da comisión é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. Salvo petición noutro sentido e autorizada, terá a súa sede e actuará no centro ao que se adscriba a praza convocada.

Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os currículos dos membros das comisións de acceso serán públicos e poderán ser consultados no Servizo de Persoal Docente e Investigador.

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada polo reitor. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e as persoas interesadas poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados na Lei 39/2015. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, os afectados serán substituídos polos seus respectivos suplentes, na súa falla, por orde correlativo y nos demais casos resolverá o reitor.

5.3. A comisión deberá constituírse no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte á data de publicación no BOE da correspondente convocatoria. Transcorrido o devandito prazo sen que se constituíse, o reitor procederá á substitución do/da presidente/a titular.

5.4. Dentro do devandito prazo, o/a presidente/a, despois de consultar cos restantes membros ditará unha resolución que se notificará a todas as persoas interesadas cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o cal se citan, e convocará a:

a) Todos os membros titulares da comisión e, de ser o caso, os suplentes, para efectuar acto de constitución, fixar a continuación e facer públicos os criterios específicos de selección. Na citación indicarase o día, a hora e o lugar para o acto de constitución.

b) Todos/as os/as aspirantes admitidos/as a participar no concurso, para realizar o acto de presentación de concursantes, con indicación do día, o lugar e a hora para a realización do devandito acto; para estes efectos o prazo entre a data prevista para o acto de constitución da comisión de acceso e a data sinalada para o acto de presentación non poderá exceder dous días hábiles.

5.5. A constitución da comisión exixirá a asistencia da totalidade dos seus membros. Os membros titulares que non concorresen a este acto cesarán e serán substituídos polos seus respectivos suplentes. Unha vez constituída a comisión, no caso de ausencia do seu presidente, será substituído polo/a vogal de maior categoría e antigüidade. O/a secretario/a será substituído/a, de ser o caso, polo/a vogal de menor categoría e antigüidade.

5.6. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros, entre os que figurarán obrigatoriamente o/a presidente/a e o/a secretario/a. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer.

Se unha vez comezada a primeira proba a comisión quedase con menos de tres membros, procederase ao nomeamento dunha nova comisión polo procedemento establecido no artigo 9 da normativa que regula os concursos e non poderán formar parte dela os membros da primeira que cesasen nesta condición.

5.7. No acto de constitución, a comisión establecerá e fará públicos, antes do acto de presentación, os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza.

5.8. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación se axustará ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6. Acto de presentación.

6.1. O acto de presentación será público e, no transcurso deste, as persoas candidatas entregarán ao/á presidente/a da comisión de acceso, por quintuplicado, a seguinte documentación:

a) Currículo vítae, no cal se detallarán o seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos dos seus méritos. O currículo vítae deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV.

b) Proxecto docente e investigador que a persoa candidata se propón desenvolver de serlle adxudicada a praza a que concursa; o devandito proxecto axustarase, de fixarse na convocatoria, ás especificacións establecidas.

6.2. Non acto de presentación, os/as concursantes recibirán cantas instrucións sobre a realización das probas deban serlles comunicadas; así mesmo, determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación dos/das concursantes e fixarase o lugar, a data e a hora de inicio das probas.

6.3. O/a secretario/a da comisión de acceso garantirá que a documentación que entreguen os concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas por parte dos candidatos.

7. Realización das probas.

7.1. Os concursos de acceso constarán das probas e axustaranse ao procedemento que establece o artigo 12 da normativa aprobada polo Acordo do Consello de Goberno do 10 de decembro de 2008 polo que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios na Universidade da Coruña.

7.2. As probas serán públicas e cada unha delas será eliminatoria.

7.3. Finalizada cada proba, cada membro da comisión entregaralle ao/á presidente/a un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas concursantes, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

7.4. Para superar a proba é necesario obter, cando menos, tres votos favorables dos membros da comisión de acceso.

7.5. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. No caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto do/da presidente/a.

8. Proposta.

8.1. Nun prazo máximo de cinco días desde o seguinte á finalización das probas publicarase no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a comisión de acceso a proposta motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todas as persoas candidatas propostas por orde de preferencia. Contra a dita proposta os/as concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días.

8.2. Unha vez que se publique, o/a presidente/a da comisión de acceso ou, de ser o caso, o/a secretario/a entregará a proposta na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña, xunto coas actas e cos informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación achegado por cada candidato coa xustificación documental correspondente e a certificación do/da secretario/a da comisión en que se faga constar a data de publicación no taboleiro do centro.

8.3. Tras finalizar o procedemento, a documentación das persoas concursantes quedará a súa disposición na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña, de onde deberán retirala. No entanto, no caso de interposición de recurso, non poderá retirarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos.

8.4 Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.

9. Presentación de documentos e nomeamento.

9.1. A persoa candidata proposta en primeiro lugar deberá presentar no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación da proposta, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

Os/as concursantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).

b) Certificado médico oficial de non padecer ningunha enfermidade nin defecto físico o psíquico que o/a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración xurada ou promesa de no incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

Aquelas persoas que tivesen a condición de funcionarias públicas de carreira estarán exentas de xustificar e presentar os documentos indicados nas alíneas a) e b), deberán presentar, no caso de procederen doutra Administración, unha certificación da universidade ou organismo de que dependan que acredite a súa condición de funcionarios/as e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

9.2. O reitor da Universidade da Coruña efectuará o nomeamento como funcionario/a docente de carreira do/da candidato/a proposto/a pola comisión, que especificará a denominación da praza, o corpo e a área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento de número do rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle á Secretaría Xeral do Consello de Universidades.

9.3. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o/a candidato/a proposto/a deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario/a docente universitario de carreira do corpo de que se trate.

10. Comisión de reclamacións.

10.1. Contra as propostas das comisións dos concursos de acceso, as persoas concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días. Admitida a trámite a reclamación, suspenderanse os nomeamentos ata a súa resolución. A reclamación será valorada por unha comisión composta por sete catedráticos e/ou catedráticas de universidade pertencentes a diversos ámbitos do coñecemento, designados polo Claustro da Universidade, con ampla experiencia docente e investigadora.

10.2. A comisión de reclamacións oirá os membros da comisión contra cuxa proposta se presentar a reclamación e as persoas candidatas que participasen no concurso.

10.3. Esta comisión examinará o expediente relativo ao concurso para velar polas garantías establecidas e ratificará ou non a proposta reclamada no prazo máximo de tres meses, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da comisión. O transcurso do prazo establecido sen resolver entenderase como rexeitamento da reclamación presentada.

10.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

11. Protección de datos de carácter persoal.

11.1. De conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos recollidos neste procedemento serán tratados pola UDC para a xestión de expedientes administrativos de persoal, cálculo de nóminas e Seguridade Social e xestión de persoal.

11.2 O órgano responsable do devandito tratamento é a Secretaría Xeral, ante a que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade, na Reitoría da UDC; rúa Mestranza 9, 15001 A Coruña, correo electrónico: rpd@udc.gal, teléfono 881 01 11 61.

A delegada de protección de datos é Luz María Puente Aba: dpd@udc.gal

11.3. A base de xustificación deste tratamento é a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (Lei orgánica de universidades e Lei autonómica 6/2013, do Sistema universitario de Galicia).

11.4. Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia e nos supostos de obrigacións legais.

11.5. As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da sede electrónica da UDC.

Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna.

12. Norma final.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 13 de maio de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I

Número de concurso: 19/029. Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: arquitectura e tecnoloxía de computadores.

Departamento: Enxeñaría de Computadores.

Actividade docente: 614G01007 fundamentos de computadores.

Actividade investigadora: computación de altas prestacións.

Centro: Facultade de Informática.

Número de concurso: 19/030. Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: arquitectura e tecnoloxía de computadores.

Departamento: Enxeñaría de Computadores.

Actividade docente: 614G01012 estrutura de computadores.

Actividade investigadora: computación de altas prestacións.

Centro: Facultade de Informática.

Número de concurso: 19/031. Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.

Departamento: Enxeñaría de Computadores.

Actividade docente: 614G01035 procesamento dixital da información.

Actividade investigadora: teoría e aplicacións do procesamento do sinal.

Centro: Facultade de Informática.

Número de concurso: 19/032. Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Departamento: Economía.

Actividade docente e investigadora: 611G01005 principios de macroeconomía; 611G02005 principios de macroeconomía; 611G01017 macroeconomía; 650G01015 macroeconomía; 611G02017 macroeconomía e contorno empresarial.

Centro: Facultade de Economía e Empresa.

Número de concurso: 19/033. Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: estatística e investigación operativa.

Departamento: Matemáticas.

Actividade docente e investigadora: 610G02044 análise de datos en bioloxía; 493010 deseño e análise de experimentos.

Centro: Facultade de Informática.

Número de concurso: 19/034. Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía galega e portuguesa.

Departamento: Letras.

Actividade docente: 13G01012 literatura galega.

Actividade investigadora: literatura galega.

Centro: Facultade de Filoloxía.

Número de concurso:19/035. Número de prazas:1.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: literatura española.

Departamento: Letras.

Actividade docente: 613G01022 literatura española medieval.

Actividade investigadora: literatura española medieval.

Centro: Facultade de Filoloxía.

Número de concurso: 19/036. Número de prazas:1.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Departamento: Computación.

Actividade docente: 614G01068 visión artificial.

Actividade investigadora: análise e interpretación de imaxes, visión por computador.

Centro: Facultade de Informática.

Número de concurso: 19/037. Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: enxeñaría hidráulica.

Departamento: Enxeñaría Civil.

Actividade docente: 632G02140 cooperación para o desenvolvemento en enxeñaría civil; 632G01022 obras hidráulicas.

Actividade investigadora: fenómenos hidrolóxicos extremos e fortalecemento institucional en países en vías de desenvolvemento.

Centro: ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

ANEXO II

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: arquitectura e tecnoloxía de computadores.

Praza número: 19/029.

Comisión titular:

Presidente/a: Tirado Fernández, Francisco, catedrático/a de universidade, Universidade Complutense de Madrid.

Secretario/a: Doallo Biempica, Ramón, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: García Fernández, María Inmaculada, catedrático/a de universidade, Universidade de Málaga.

Vogal 2º: Fernández Rivera, Francisco Manuel, catedrático/a de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 3º: Martín Garzón, Gracia Ester, catedrático/a de universidade, Universidade de Almería.

Comisión suplente:

Presidente/a: López Zapata, Emilio, catedrático/a de universidade, Universidade de Málaga.

Secretario/a: Plata González, Óscar, catedrático/a de universidade, Universidade de Málaga.

Vogal 1º: Pérez Hernández, María de los Santos, catedrático/a de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 2º: Guil Mata, Nicolás, catedrático/a de universidade, Universidade de Málaga.

Vogal 3º: Martínez Ortigosa, Pilar, catedrático/a de universidade, Universidade de Almería.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: arquitectura e tecnoloxía de computadores.

Praza número: 19/030.

Comisión titular:

Presidente/a: López Zapata, Emilio, catedrático/a de universidade, Universidade de Málaga.

Secretario/a: Doallo Biempica, Ramón, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: García Fernández, María Inmaculada, catedrático/a de universidade, Universidade de Málaga.

Vogal 2º: Touriño Domínguez, Juan, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 3º: Martín Garzón, Gracia Ester, catedrático/a de universidade, Universidade de Almería.

Comisión suplente:

Presidente/a: Tirado Fernández, Francisco, catedrático/a de universidade, Universidade Complutense de Madrid.

Secretario/a: Fernández Rivera, Francisco Manuel, catedrático/a de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 1º: Pérez Hernández, María de los Santos, catedrático/a de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 2º: Plata González, Óscar, catedrático/a de universidade, Universidade de Málaga.

Vogal 3º: Martínez Ortigosa, Pilar, catedrático/a de universidade, Universidade de Almería.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.

Praza número: 19/031.

Comisión titular:

Presidente/a: Castedo Ribas, Luís, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario/a: Míguez Arenas, Joaquín, catedrático/a de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 1º: Zazo Bello, Santiago, catedrático/a de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 2º: Losada Binué, María de los Ángeles, catedrático/a de universidade, Universidade de Zaragoza.

Vogal 3º: Acha Piñeiro, Begoña, catedrático/a de universidade, Universidade de Sevilla.

Comisión suplente:

Presidente/a: Cid Sueiro, Jesús, catedrático/a de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Secretario/a: Díaz de María, Fernando, catedrático/a de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 1º: Murillo Fuentes, Juan José, catedrático/a de universidade, Universidade de Sevilla.

Vogal 2º: García Armada, Ana, catedrático/a de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 3º: Rajo Iglesias, Eva, catedrático/a de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Praza número: 19/032.

Comisión titular:

Presidente/a: Faíña Medín, José Andrés, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario/a: Loureiro García, María Luz, catedrático/a de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 1º: Villaverde Castro, José, catedrático/a de universidade, Universidade de Cantabria.

Vogal 2º: Mas Ivars, Matilde, catedrático/a de universidade, Universidade de Valencia.

Vogal 3º: Montañés Bernal, Antonio, catedrático/a de universidade, Universidade de Zaragoza.

Comisión suplente:

Presidente/a: Boscá Mares, José Emilio, catedrático/a de universidade, Universidade de Valencia.

Secretario/a: Llop Llop, María, catedrático/a de universidade, Universidade Rovira y Virgili.

Vogal 1º: Orea Sánchez, José Luis, catedrático/a de universidade, Universidade de Oviedo.

Vogal 2º: Moltó Carbonell, María Luisa, catedrático/a de universidade, Universidade de Valencia.

Vogal 3º: Molina Chueca, José Alberto, catedrático/a de universidade, Universidade de Zaragoza.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: estatística e investigación operativa.

Praza número: 19/033.

Comisión titular:

Presidente/a: Cao Abad, Ricardo José, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario/a: García Jurado, Ignacio Miguel, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Naya Fernández, Salvador, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: Cadarso Suárez, Carmen María, catedrático/a de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 3º: Aguilera del Pino, Ana María, catedrático/a de universidade, Universidade de Granada.

Comisión suplente:

Presidente/a: González Manteiga, Wenceslao, catedrático/a de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario/a: Francisco Fernández, Mario, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: de Uña Álvarez, Jacobo, catedrático/a de universidade, Universidade de Vigo.

Vogal 2º: Ugarte Martínez, María Dolores, catedrático/a de universidade, Universidade Publica de Navarra.

Vogal 3º: Fernández Militino, Ana, catedrático/a de universidade, Universidade Publica de Navarra.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía galega e portuguesa.

Praza número: 19/034.

Comisión titular:

Presidente/a: Ferreiro Fernández, Manuel, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario/a: Freixeiro Mato, Xosé Ramón, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Álvarez Blanco, Rosario, catedrático/a de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 2º: Regueira Fernández, Xosé Luis, catedrático/a de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 3º: Martínez Pereiro, Carlos Paulo, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Comisión suplente:

Presidente/a: Cuadrado Fernández, Perfecto, catedrático/a de universidade, Universidade das Illes Balears.

Secretario/a: Monteagudo Romero, Xosé Henrique, catedrático/a de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 1º: Trias Folch, Luisa, catedrático/a de universidade, Universidade de Granada.

Vogal 2º: González Seoane, Ernesto, catedrático/a de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 3º: Mariño Paz, Ramón, catedrático/a de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: literatura española.

Praza número: 19/035.

Comisión titular:

Presidente/a: Gómez Moreno, Ángel, catedrático/a de universidade, Universidade Complutense de Madrid.

Secretario/a: Bonilla Cerezo, Rafael, catedrático/a de universidade, Universidade de Córdoba.

Vogal 1º: Cañas Murillo, Jesús, catedrático/a de universidade, Universidade de Extremadura.

Vogal 2º: Oviedo y Pérez de Tudela, María del Rocío, catedrático/a de universidade, Universidade Complutense de Madrid.

Vogal 3º: Haro Cortés, Marta, catedrático/a de universidade, Universidade de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente/a: Cátedra García, Pedro Manuel, catedrático/a de universidade, Universidade de Salamanca.

Secretario/a: Rodríguez Cuadros, Evangelina, catedrático/a de universidade, Universidade de Valencia.

Vogal 1º: Díaz Mas, Paloma, Profesor/a de Investigación do CSIC, Consello Superior de Investigacións Científicas.

Vogal 2º: Baranda Leturio, Nieves, catedrático/a de universidade, Universidade Nacional de Educación a Distancia -UNED-.

Vogal 3º: Montero Reguera, José Francisco, catedrático/a de universidade, Universidade de Vigo.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Praza número: 19/036.

Comisión titular:

Presidente/a: Alonso Betanzos, María Amparo, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario/a: Santos Reyes, José, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Ivanova Radeva, Petia, catedrático/a de universidade, Universidade de Barcelona.

Vogal 2º: Bahamonde Rionda, Antonio, catedrático/a de universidade, Universidade de Oviedo.

Vogal 3º: Rabuñal Dopico, Juan Ramón, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Comisión suplente:

Presidente/a: Rodríguez Vela, María Camino, catedrático/a de universidade, Universidade de Oviedo.

Secretario/a: Barreiro García, Álvaro, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Luque Ruiz, Irene, catedrático/a de universidade, Universidade de Córdoba.

Vogal 2º: Gómez Nieto, Miguel Ángel, catedrático/a de universidade, Universidade de Córdoba.

Vogal 3º: Pazos Sierra, Alejandro Celestino, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Corpo: catedráticos/as de universidade.

Área de coñecemento: enxeñaría hidráulica.

Praza número: 19/037.

Comisión titular:

Presidente/a: Dolz Ripollés, José, catedrático/a de universidade, Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario/a: Puertas Agudo, Jerónimo, catedrático/a de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Gómez Valentín, Manuel, catedrático/a de universidade, Universidade Politécnica de Cataluña.

Vogal 2º: Polo Gómez, María José, catedrático/a de universidade, Universidade de Córdoba.

Vogal 3º: López Jiménez, Petra Amparo, catedrático/a de universidade, Universidade Politécnica de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente/a: Roldán Cañas, José, catedrático/a de universidade, Universidade de Córdoba.

Secretario/a: Álvarez Díaz, César, catedrático/a de universidade, Universidade de Cantabria.

Vogal 1º: Garrote de Marcos, Luis, catedrático/a de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 2º: Rodríguez Sonibas, Leonor, catedrático/a de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 3º: Baquerizo Azofra, Asunción, catedrático/a de universidade, Universidade de Granada.

ANEXO III

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

DATOS DA CONVOCATORIA

Número de concurso:

Corpo docente:

Área de coñecemento:

Departamento:

Centro:

Actividades asignadas á praza:

DATOS PERSOAIS E PROFESIONAIS

Primeiro apelido:

Segundo apelido:

Nome:

Data de nacemento:

Lugar de nacemento:

Provincia de nacemento:

NIF:

Domicilio/Lugar para efectos de notificacións:

Código postal:

Municipio:

Provincia:

Enderezo electrónico e teléfono:

Caso de ser funcionario/a público de carreira:

Denominación do corpo ou praza:

Data de ingreso:

Organismo:

Número Rexistro Persoal:

Situación:

 Servizo activo

 Servizos especiais

 Excedente voluntario

 Outras:________________________________________________________________________________________

DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGA

 Copia do documento de identidade

 Copia compulsada do título de doutor

 Copia compulsada da resolución que acredite estar acreditado/habilitado para o acceso ao corpo da praza

 Folla de servizos (só para concursos pola quenda de promoción interna)

 Xustificante bancario do pagamento das taxas

 Outros (especificar):

O/a abaixo asinante

SOLICITA:

Ser admitido/a ao concurso da praza que se fai referencia, e comprométese, no caso de superalo, a formular o xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

DECLARA:

Que son certos todos e cada un dos datos consignados nesta solicitude, que reúne as condicións exixidas na convocatoria anteriormente referida e todas as necesarias para o acceso á función pública

En___________________ , _______de _________________ de 20___

(sinatura)

REITOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ANEXO IV

Currículo vítae

– Datos persoais:

Apelidos e nome.

Número do documento nacional de identidade. Lugar e data de expedición.

Nacemento (data, localidade e provincia).

Residencia (enderezo, localidade e provincia).

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como profesor/a, centro, departamento e área de docencia actual.

Datas de resolución da acreditación ou habilitación.

– Datos académicos:

1. Títulos académicos (clase, organismo e centro de expedición, data de expedición, cualificación se a houber).

2. Postos docentes desempeñados (categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data do nomeamento ou contrato, data de cesamento ou remate).

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e capítulos de libros (autor ou coautores, título, editor/es, editorial, data de publicación) (*).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas o estranxeiras (autor ou coautores, título, revista, número de páxinas, data de publicación) (*).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos (título, entidade organizadora, carácter nacional ou internacional, lugar e data).

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos (con indicación do centro, organismo, materia, actividade desenvolvida e data).

13. Cursos e seminarios recibidos (con indicación do centro ou organismo, materia e data de realización).

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (con posterioridade á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados (cargo, centro e período).

19. Coñecemento da lingua propia da UDC.

(*) Se están pendentes de publicación, xustifíquese a aceptación polo Consello Editorial.