Conforme o establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), esta vicepresidencia, en virtude da delegación conferida para o efecto polos concellos interesados, convocou o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (DOG núm. 65, do 3 de abril de 2019).
No exercicio das súas competencias, o Concello de Bueu solicitou que se modificou esta orde e que se convocasen seis (6) postos de auxiliar de policía local en lugar de 8.
Así mesmo, comprobouse que a suma total dos postos ofertados contiña un erro e que procedía tamén a súa modificación.
Por canto antecede, e por proposta da Agasp, no uso das facultades conferidas no artigo 4 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, esta vicepresidencia, en virtude da delegación conferida para o efecto polos concellos interesados,
DISPÓN:
Artigo único. Modificación da Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local
A Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, queda modificada como segue:
No artigo 1, onde di: «O obxecto desta convocatoria é a provisión, mediante contrato laboral temporal, de 147 postos de auxiliares de policía local dos concellos que a continuación se enumeran e a creación da lista de colaboración para a súa contratación», debe dicir: «O obxecto desta convocatoria é a provisión, mediante contrato laboral temporal, de 149 postos de auxiliares de policía local dos concellos que a continuación se enumeran e a creación da lista de colaboración para a súa contratación».
A lista de concellos cos respectivos números de prazas debe quedar como segue:
Concello |
Nº de prazas |
A Cañiza |
1 |
A Estrada |
4 |
A Fonsagrada |
1 |
A Guarda |
2 |
A Pobra do Caramiñal |
4 |
Barbadás |
2 |
Bergondo |
2 |
Betanzos |
4 |
Bueu |
6 |
O Carballiño |
6 |
Cedeira |
4 |
Malpica de Bergantiños |
2 |
Marín |
4 |
Meaño |
1 |
Melide |
2 |
Negreira |
2 |
Nigrán |
4 |
Ortigueira |
2 |
Redondela |
6 |
Rianxo |
1 |
Salceda de Caselas |
2 |
Sanxenxo |
33 |
Sarria |
4 |
Tomiño |
1 |
Valdoviño |
2 |
Vilagarcía de Arousa |
15 |
O Barco de Valdeorras |
2 |
Poio |
4 |
A Illa de Arousa |
2 |
Xinzo de Limia |
2 |
Ponteareas |
6 |
O Grove |
4 |
A Laracha |
3 |
Soutomaior |
1 |
Cangas |
2 |
Oleiros |
6 |
Esta modificación non afecta o prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria.
Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da consellería competente en materia de seguridade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela 16 de maio de 2019
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza