Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25868

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (696/2017).

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Santiago Alonso de la Peña fronte a David Astolfi García, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 127/18.

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez.

Demandante: Santiago Alonso de la Peña.

Procurador: Sr. Núñez Blanco.

Demandado: David Astolfi García.

Xuízo verbal 696/2017, sobre reclamación de cantidade.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018.

Resolvo: estimar totalmente a demanda interposta por Santiago Alonso de la Peña, representado polo Sr. Núñez Blanco, contra David Astolfi García, e condeno o demandado a aboar ao demandante 871,20 euros, máis os xuros legais desde o 12 de decembro de 2016.

Isto con imposición de costas, se as houber, ao demandado.

Notifíquese en legal forma.

Esta sentenza é firme; contra ela non cabe recurso.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado.

Ao estar o dito demandado, David Astolfi García, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza