Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 85/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 85/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Gómez Tomé contra Cervexaría Áncora, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Roberto Gómez Tomé fronte a Cervexaría Áncora, S.L. e Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019.

Logo de presentar o traballador Roberto Gómez Tomé escrito en que exixía o cumprimento polo empresario Cervexaría Áncora, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución do 30.4.19, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais, facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 6.6.19, ás 9.25 horas, para a celebración da comparecencia na sala de audiencias número 3 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolle saber que debe asistir cos medios de proba de que intente valerse.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, se considerará que desiste na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do executado Cervexaría Áncora, S.L. por medio de edictos, tendo en conta que está en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Cervexaría Áncora, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza