Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25947

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO de convocatoria para a selección dun/dunha policía local funcionario/a de carreira por mobilidade, por concurso de méritos.

Mediante a Resolución da Alcaldía 2019-0248, do 22 de abril de 2019, aprobáronse as bases da convocatoria para a selección dun/dunha policía local funcionario/a de carreira por mobilidade, polo sistema de concurso de méritos.

Na sede electrónica [http://concellodefoz.sedelectronica.es] aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación da praza.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello [http://concellodefoz.sedelectronica.es], no taboleiro de anuncios e na páxina web.

Foz, 25 de abril de 2019

Javier Jorge Castiñeira
Alcalde