Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25948

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para a provisión de dúas prazas de persoal laboral interino ata a cobertura definitiva da praza e condicionado á efectiva continuidade do servizo no Punto de Atención á Infancia, de nova creación.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 118, do 25 de maio de 2019, foron publicadas integramente as bases que deben rexir a convocatoria para prover mediante concurso-oposición as seguintes prazas do cadro de persoal laboral interino, ata a cobertura definitiva das prazas e condicionado á efectiva continuidade do servizo, no Punto de Atención á Infancia do Concello de Guntín, de nova creación:

– Técnico de atención á infancia no Punto de Atención á Infancia.

– Persoal de apoio no Punto de Atención a Infancia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal www.guntin.es

Guntín, 3 de maio de 2019

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde presiente