Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25949

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de proceso selectivo de dous axentes de policía local polo sistema de mobilidade (OEP 2018).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 108, do 13 de maio do 2019, publicáronse integramente as bases que deberán rexer o proceso para seleccionar dous axentes de policía local polo sistema de mobilidade (OEP 2018).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.

Monforte de Lemos, 16 de maio de 2019

José Tomé Roca
Alcalde