Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para este efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa Avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos/ás interesados/as en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos/as interesados/as que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 8 de maio de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 18236.

DNI/NIE/PAS: P13283552.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Eloy Luis André, nº 6, 1º A, 32600 Verín (Ourense).

Nº de expediente: 20898.

DNI/NIE/PAS: MA7681017.

Derradeiro enderezo coñecido: avda. de Madrid, nº 101, 2º, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Nº de expediente: 21926.

DNI/NIE/PAS: FX407873.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa da Cerca, nº 6, 3º B, 32500 O Carballiño (Ourense).