De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da resolución emitida pola Consellería do Mar o 28 de marzo de 2019, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais, o inicio do procedemento para o alleamento mediante poxa pública da patrulleira Gaivotiña.
1. Obxecto da poxa: alleamento da patrulleira Gaitoviña, con matrícula 8ª VILL-1-1-90, que se atopa desafectada do servizo público mediante Resolución da Consellería do Mar do 11 de xaneiro de 2018.
A descrición técnica en detalle e a taxación da patrulleira recollénse en informe de valoración que pode ser consultado na seguinte ligazón: https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais, ou solicitalo na Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, Edificio dos espellos, 2º andar.
2. Prezo base de licitación: o prezo base de saída para ofertar á alza para cada unha das poxas previstas é o seguinte:
– Primeira convocatoria: corenta e dous mil cincocentos trinta e sete euros con corenta e catro céntimos (42.537,44 €).
– Segunda convocatoria: trinta e seis mil cento cincuenta e seis euros con oitenta e dous céntimos (36.156,82 €).
– Terceira convocatoria: vinte e nove mil setecentos setenta e seis euros con vinteún céntimos (29.776,21 €).
3. Poxas sucesivas: no caso de que non resulte adxudicado a patrulleira na primeira convocatoria convocaranse sucesivamente e sen solución de continuidade ata dúas convocatorias máis.
4. Garantía provisional exixida: o licitador estará obrigado a constituir e presentar unha garantía equivalente ao 20 % do prezo base correspondente á convocatoria na que participe.
5. O ben obxecto desta poxa poderá ser examinado polas persoas interesadas, para o cal deberán dirixirse á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, teléfonos: 981 54 40 77/981 54 15 80, correo electrónico: lino.sexto.bermudez@xunta.gal
6. Prazo de presentación de proposicións: presentaranse no prazo de vinte (20) días naturais contado desde o día seguinte ao da data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
7. Lugar de presentación de proposicións: os sobres entregaranse na Oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña). A forma de presentar as proposicións e o seu contido será o indicado no prego de condicións regulador da poxa.
8. O acto público de apertura de sobres pola Mesa celebrarase aos dez (10) días naturais a partir do seguinte ao término da data establecida para a presentación das ofertas. Terá lugar na sala de xuntas da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, Edificio dos espellos, 2º andar.
9. Gastos dos anuncios: serán na súa totalidade por conta exclusiva do adxudicatario.
10. O prego de condicións que rexerá na poxa poderá obterse na seguinte ligazón: https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais, ou solicitarse na Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano- Edificio dos espellos, 2º andar.
11. Teléfonos de información: 981 54 57 05, 981 54 40 30 e 981 54 40 28.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar