Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2018/8691 AT).

Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: modificación do CT 12468 Montemar e RBTS ao edificio Arca do Norte.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

Reforma do CT (12468) Montemar, para unha potencia de 2×630 kVA, consistente en:

• Obra civil.

Eliminación de foso existente, realización de depósitos de recollida de aceite, instalación de anteparos de protección, instalación dunha nova porta de entrada, ampliación da ventilación da fachada, instalación de protección mecánica na saída de BT, instalación de tapas nas canles de cables, realización de pasamuros e pintado do centro de transformación.

• Obra eléctrica.

Substitución dos transformadores existentes de 400 kVA e 250 kVA por transformadores novos de 630 kVA e 400 kVA, respectivamente; instalación de dúas novas celas de liña e dúas de protección, instalación de novas pontes entre o CT e o cadro de baixa e entre o CT e as celas de MT, novo circuíto de terras e iluminación, instalación de dous cadros de baixa tensión con ampliación e desmontaxe da aparellaxe e embarrado ao aire de media tensión.

RBT subterránea con orixe na CBT1 do CT Montemar e final na CXP do edificio que se vai electrificar, cunha lonxitude de 65 metros en condutor tipo RV-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, tendo en conta a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e as competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Concederlles a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 10 de abril de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo