Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da asociación Entre Nós-Empresas Galegas (Enega).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación do domicilio social da dita asociación, que pasa a ser na rúa Durán Loriga, nº 7-5D, 15003 A Coruña.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderanse asociar á Enega a título individual os empresarios e as empresarias no sentido laboral, tal e como sinala o artigo 4 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, que desenvolvan a súa actividade principal e tributen en Galicia ou teñan como referente económico preferente o desenvolvemento económico do país.

Asinantes: Julio Justo Correa e Carlos Angueira Souto.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego