Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26095

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019

Beatriz Allegue Requeijo
Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data sinatura

Convenio entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento

Sen achega económica

21.2.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Concello de Ferrol (Servizos de Benestar Social) para a formación de especialistas de Enfermaría Familiar e Comunitaria pertencentes á Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol

Sen achega económica

1.4.2019

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Takeda para a elaboración do Plan formativo para a optimización do manexo do paciente con enfermidade inflamatoria intestinal na Atención Primaria do Sistema Público de Saúde de Galicia

Ingreso 10.000,00 €

30.4.2019