Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26094

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no primeiro cuadrimestre do ano 2019, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data sinatura

Convenio de colaboración educativa entre a USC e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de titulacións oficiais impartidas na Facultade de Filosofía.

Sen dotación económica

18.1.2019

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela.

Sen dotación económica

2.4.2019

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

8.000 €

2.4.2019

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina para a organización de actividades culturais conxuntas.

Sen dotación económica

10.4.2019