Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26271

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2019/20.

Para o obxecto de regular a continuidade, implantación e organización do bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía (STEMbach) na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a convocatoria dirixida aos centros que desexen impartilo, resolvo anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria pola que se regula o bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2019/20.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura no anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
P.A. (Resolución 15.5.2019)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos