Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26272

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 22 de maio de 2019, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes desta consellería en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán 2019.

Mediante a Orde do 8 de abril de 2019 (DOG nº 76, do 22 de abril de 2019) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán 2019, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

De conformidade co disposto no artigo 8.4 da orde de convocatoria, o órgano competente para resolver é a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 9 da citada orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 22 de maio de 2019, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán 2019.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 22 de maio de 2019 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 22 de maio de 2019, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán 2019.

Mediante a Orde do 8 de abril de 2019 (DOG nº 76, do 22 de abril de 2019) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán 2019, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

Unha vez comprobadas as solicitudes polo Instituto da Xuventude de Galicia, órgano instrutor do procedemento, a comisión de valoración prevista no artigo 8 da orde de convocatoria avaliou as solicitudes admitidas a trámite de acordo cos criterios de adxudicación que se recollen no artigo 7.

Á vista do expediente e da acta da comisión de valoración o órgano instrutor formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 8.

Esta Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é competente para resolver, por delegación da conselleira de Política Social, segundo o disposto no artigo 8.4 da orde de convocatoria.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar o uso temporal de instalacións xuvenís en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán 2019 ás entidades relacionadas no anexo I, nos termos que se expoñen na devandita relación.

Segundo. Denegar o uso de instalacións xuvenís en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán 2019 ás entidades relacionadas no anexo II, por aplicación dos criterios de preferencia e prioridade recollidos no artigo 7 da orde de convocatoria.

Terceiro. As entidades adxudicatarias deberán cumprir as obrigas previstas nos artigos 12, 13 e 14 da Orde do 8 de abril de 2019.

A documentación indicada nos citados artigos deberán presentala no Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada, conforme o sinalado nos artigos 12 e 13 da orde.

Se transcorridos os prazos que se indican nos citados artigos non se cumprisen as obrigas correspondentes, declararase, mediante a oportuna resolución, o incumprimento das condicións da resolución de adxudicación e as prazas adxudicadas quedarán á disposición dos/as demais solicitantes.

Cuarto. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 9 da Orde do 8 de abril de 2019 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 8.4.2019). Cristina Pichel Toimil. Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO I

Entidades adxudicatarias

Expediente

Entidade adxudicataria

Localidade

Instalación adxudicada

Datas

Prazas

2019/4

Asociación Banda de Música Cultural de Teo

Teo

Albergue xuvenil

Marina Española

23-28/06

40

2019/12

Asociación Sustinea

Ourense

Campamento xuvenil

Virxe de Loreto

19-28/07

30

2019/14

Concello de Rois

Rois

Campamento xuvenil

Virxe de Loreto

02-11/08

30

2019/2

Concello de Ourense

Ourense

Campamento xuvenil

Virxe de Loreto

13-20/08

90

2019/1

Concello de Cangas

Cangas

Campamento xuvenil

Virxe de Loreto

21-28/08

90

2019/9

Asociación Espazo Aberto Galiza de Vite

Santiago de Compostela

Campamento xuvenil

A Devesa

16-27/08

110

2019/3

Concello de Negreira

Negreira

Campamento xuvenil Penedos de Xacinto

16-27/08

60

2019/8

Concello de Touro

Touro

Campamento xuvenil

Illa de Ons

11-18/08

30

2019/5

Concello da Estrada

A Estrada

Campamento xuvenil

Illa de Ons

20-27/08

60

2019/10

Asociación Cultural, de Ocio e Tempo Libre Arrecó

Ribeira

Campamento xuvenil Pontemaril

16-27/08

50

2019/15

Asociación Integrados

Ribeira

Albergue xuvenil

As Sinas

27/08-07/09

40

2019/13

Asociación Limisi

Xinzo de Limia

Albergue xuvenil

As Sinas

31/08-07/09

19

2019/6

Concello de Barbadás

Barbadás

Albergue xuvenil

As Sinas

27/08-01/09

45

ANEXO II

Entidades non adxudicatarias

Expediente

Entidades non adxudicatarias

Motivo

2019/7

Arenaria Escola de Tempo Libre

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 7 da orde.

2019/11

Concello de Marín

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 7 da orde.