De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2019 por esta Fundación.
| Data sinatura | Importe con cargo ao orzamento da Fundación | Convenio | 
| 2.1.2019 | 0,00€ | Convenio de colaboración para a realización dun concerto na Cidade da Cultura de Galicia titulado «Os Camiños de Castelao». | 
| 30.1.2019 | 0,00€ | Convenio de colaboración entre a Liga Profesional de Fútbol e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia con motivo da exposición «Valor e mestría. Galicia como fútbol». | 
| 7.2.2019 | 0,00€ | Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para levar a cabo obras de acondicionamento no espazo anexo á sala principal de equipos (fase II) do centro de procesos de datos integral da Xunta de Galicia. | 
| 12.4.2019 | 0,00€ | Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a posta á disposición de terceiras empresas de espazo coa finalidade de facilitar a coordinación de proxectos estratéxicos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. | 
| 15.4.2019 | 0,00€ | Convenio de colaboración de natureza patrimonial entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCDCG) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) como consecuencia da instalación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) no edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. | 
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019
Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia

 
					
