Aprobado inicialmente, por acordo do Pleno da corporación do 29 de abril de 2019, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal deste concello, denominado Aliñacións, espazos públicos e delimitacións nos núcleos de Quintáns, Texo, Os Muíños e A Famelga, neste termo municipal.
De conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 2 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.
Durante o mencionado prazo, que empezará a contarse desde a publicación deste anuncio no DOG, o expediente tramitado poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen, de ser o caso, as alegacións que se consideren pertinentes.
Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.
Vedra, 8 de maio de 2019
Carlos Martínez Carrillo
Alcalde presidente