Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26345

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 792/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 792/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Guadalupe Maneiro Castro contra María Isabel Paiva Silva sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza número 204/2019.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2019.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 792/2017 sobre procedemento ordinario representada e seguidos por instancia de María Guadalupe Maneiro Castro, asistida pola graduada social Sra. Da Palma Sánchez, contra María Isabel Paiva Silva, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes

Resolvo que estimando parcialmente a demanda interposta por María Guadalupe Maneiro Castro contra María Isabel Paiva Silva, debo condenar e condeno a María Isabel Paiva Silva a aboarlle á demandante a suma de 5.646,94 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado oitavo desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución respecto dos conceptos salariais, que comportan 4.584,56 euros brutos, e os xuros do artigo 1108 do Código civil desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución respecto da compensación económica de vacacións e do aviso previo, que comporta 1.062,38 euros brutos.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a María Isabel Paiva Silva, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza