Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26636

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de bases e convocatoria dunha praza de técnico/a de Administración xeral.

No Boletín Oficial da Coruña número 76, do 23 de abril de 2019, publicáronse integramente as bases e a convocatoria para a selección dun/dunha técnico/a de Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, incluída na oferta de emprego público do Concello de Carballo para 2017 (SFP-02/2019).

Detectado un erro na dita publicación: «complemento de destino nivel 24», onde debía dicir: «complemento de destino nivel 26», foi corrixido mediante a Resolución da Alcaldía nº 1150, do 26 de abril de 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse, cando proceda, de conformidade coas bases.

Carballo, 30 de abril de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde