Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26637

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de inspector da escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local, mediante concurso-oposición por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 96, do 22 de maio de 2019, publicouse anuncio da Resolución de Alcaldía, do 14 de maio de 2019, polo que se aprobaron as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de persoal funcionario de carreira da categoría inspector, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, mediante concurso-oposición por promoción interna.

As bases da convocatoria tamén están expostas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronicas.gal) e, de forma complementaria, na páxina web municipal www.tui.gal.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Tui, 22 de maio de 2019

Carlos Vázquez Padín
Alcalde