Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 3 de xuño de 2019 Páx. 26950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento con propiedades particulares do monte veciñal en man común (MVMC) Arriba e A Chá, na parroquia de Franqueán, do concello do Corgo (expediente 3D/2016).

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade á nova proposta de deslindamento do MVMC Arriba e A Chá con propiedades particulares, presentada o 23.4.2019 pola comunidade de Franqueán, que supón unha modificación substancial da presentada o 2.9.2016.

Con data do 9.5.2019 o Servizo de Montes de Lugo emitiu un informe favorable ao considerar que non existe menoscabo da integridade do MVMC, de acordo cos planos que figuran no anexo.

Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes, que comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios afectados.

Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.

Lugo, 13 de maio de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 13.2.2017)
Manuel Corujo González
Xefe do Servizo de Gandaría

ANEXO

missing image file
missing image file