Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 3 de xuño de 2019 Páx. 26724

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e á recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código de procedemento PE209C).

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 91, do 14 de maio de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 23078, disposición transitoria única, onde di: «Con vixencia exclusiva para a convocatoria do ano 2019, serán subvencionables os gastos realizados entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020», deberá dicir: «Con vixencia exclusiva para a convocatoria do ano 2019, serán subvencionables os gastos realizados entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de outubro de 2020».