Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 4 de xuño de 2019 Páx. 26976

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 54/2019, do 24 de maio, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 133, do 12 de xullo), e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG núm. 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores o 7 de maio de 2019,

DISPOÑO:

Un. Que cesen como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Confrarías de Pescadores de Galicia, as seguintes persoas:

– José Basilio Otero Rodríguez.

– José Antonio Gómez Castro.

Dous. Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación de Confrarías de Pescadores de Galicia, as seguintes persoas:

– Carmen Abad Pita.

– Francisco Javier Martínez Durán.

Santiago de Compostela, vinte e catro de maio de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente