Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27274

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2019 pola que se resolve o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (xefe/a da unidade de operacións).

De conformidade co establecido no punto 9 das bases da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado por Resolución do 7 de marzo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 53 do venres, 15 de marzo de 2019, e no uso das facultades conferidas pola Resolución do 23 de decembro de 2016 de delegación de facultades publicada no DOG núm. 23, do 2 de febreiro de 2017.

E tendo en conta a lista provisional coas puntuacións do proceso selectivo aprobada poIo tribunal de selección designado para o efecto para cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape (xefe/a da unidade de operacións), e transcorrido o prazo sen térense presentado reclamacións,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta recollida na lista coas puntuacións definitivas do proceso selectivo, publicada na Resolución do 2 de maio de 2019 do tribunal de selección, co candidato seleccionado:

Juan Manuel Gil Merino, DNI (*):***8619**.

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.

Segundo. Solicitar ao candidato seleccionado a aceptación do posto no prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web do Igape (www.igape.es).

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este instituto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso- administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica