Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de maio de 2019 pola que se notifica a resolución de reclamación de custos ocasionados polo reflotamento da embarcación Luis Triñanes, con folio 4ª-VILL-3-191-91, afundida na dársena do porto de Escarabote.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Luis Antonio Triñanes Triñanes con DNI ***8783**, resolución da Dirección de Portos de Galicia do 9 de maio de 2019, en virtude da que se require o aboamento dos custos de reflotamento da embarcación Luis Triñanes con folio 4ª-VILL-3-191-91 afundida na dársena do porto de Escarabote o día 10 de novembro de 2018, e se ordena a remoción dos seus restos varados na rampla do porto que se cita, baixo a advertencia de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente para a reclamación dos custos iniciouse a través de acordo notificado ao interesado o 2 de abril de 2019, sen que este formulase alegacións nin realizase as actuacións requiridas para a retirada dos restos da embarcación do porto.

A Dirección de Portos de Galicia emite a presente resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3, letras a) e b) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co previsto no artigo 129 desa lei, e nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O importe ao que ascenderon as actuacións de reflotamento foi de 8.000 euros sen o IVE.

Para o pagamento da citada cantidade, que deberá de realizarse nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, baixo a advertencia de exacción pola vía executiva, empregarase o modelo de impreso anexo á presente cédula.

A presente resolución, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

CLAVE DE INGRESO

Entidade / Oficina / D.C. / Número de conta

   2080        0394      17         3040004217

I

RECLAMACIÓN DANOS.

EXPEDIENTE: EXEC. SUB. 12-51-19-01.

INGRESO EN PERÍODO VOLUNTARIO

EN METÁLICO

Nome, apelidos ou razón social da persoa que fai o ingreso

Luis Antonio Triñanes Triñanes

Importe en letra

NOVE MIL SEISCENTOS OITENTA EUROS

Importe en cifra

9.680 €