Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de maio de 2019 pola que se notifica a resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento número 12 do porto de Caión (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a José Antonio Sánchez Casas, con DNI ***9209**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, resolución de desafiuzamento administrativo do departamento para armadores número 12 do porto de Caión, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

O expediente tramítase por atoparse extinguida a autorización e non ser factible a súa renovación pola falla de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes.

Por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, no Boletín Oficial del Estado número 96, do 22 de abril de 2019, publícase unha cédula pola que se notifica requirimento previo ao desafiuzamento que outorgaba un prazo máximo de 10 días hábiles para proceder ao desaloxo voluntario, sen que o dito requirimento fose obxecto de cumprimento, e sen que exista tampouco constancia da formulación de alegacións polo interesado.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello Reitor da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá de ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves do peche exterior ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo máximo de 10 días para proceder ao desaloxo voluntario, por tratarse dunha autorización extinguida, e ao abeiro do establecido no artigo 91 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, Portos de Galicia procederá a suspender sen máis trámites a subministración de auga e de enerxía eléctrica.

Ao abeiro do establecido nos artigos 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e 125 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución do desafiuzamento empregarase, de ser preciso, o auxilio das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ante, á escolla do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia