Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 22 de maio de 2019, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento TU984B.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) da resolución ditada pola directora da Axencia de Turismo no enderezo do interesado sen que estas se puidesen realizar, notifícase a resolución á persona citada no anexo emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña da Consellería de Cultura e Turismo (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle que, de non comparecer, se lle dará por notificada.

Contra esta resolución poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguiente á súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 22 de maio de 2019

Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Restaurante Gastro-bar Avelaiña.

Titular: Mónica Cambeiro Morán.

Enderezo: rúa Tras do Pilar, 7, baixo.

Concello: Santiago de Compostela.