Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27486

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data da
sinatura

Acordo de adhesión do Concello da Veiga ao convenio de colaboración asinado entre o IGVS e a Fegamp para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

4.2.2019

Acordo de adhesión do Concello de Riós ao convenio de colaboración asinado entre o IGVS e a Fegamp para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

5.2.2019

Acordo de adhesión do Concello de Bande ao convenio de colaboración asinado entre o IGVS e a Fegamp para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

7.2.2019

Acordo de adhesión do Concello de Santiso ao convenio de colaboración asinado entre o IGVS e a Fegamp para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

11.2.2019

Acordo de adhesión do Concello de Cartelle ao convenio de colaboración asinado entre o IGVS e a Fegamp para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

4.3.2019

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o IGVS da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para desenvolver medidas previstas no pacto de estado contra a violencia de xénero.

1.650.000 €

6.3.2019

Acordo de adhesión do Concello de Cabana de Bergantiños ao convenio de colaboración asinado entre o IGVS e a Fegamp para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

8.3.2019

Acordo de adhesión do Concello de Alfoz ao convenio de colaboración asinado entre o IGVS e a Fegamp para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

14.3.2019

Addenda para a modificación do acordo da Comisión bilateral celebrada o 26 de outubro de 2017, relativo ás áreas de rexeneración e renovación urbana zona histórica de Corcubión (A Coruña). Comunidade Autónoma de Galicia. Prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración urbana 2013-2016.

25.3.2019

Prórroga do convenio de colaboración entre o IGVS e a Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A. para cesión de vivenda destinada ao aluguer alcanzable.

356.250 €

27.3.2019

Convenio de colaboración entre o IGVS e a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A. para facilitar a permanencia nas súas vivendas das persoas afectadas por execucións hipotecarias, por desafiuzamentos por impagamento de rendas e en virtude doutras políticas sociais en materia de vivenda.

723.000 €

5.4.2019

Acordo de adhesión do Concello de Arbo ao convenio de colaboración asinado entre o IGVS e a Fegamp para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

5.4.2019

Modificación do convenio de colaboración asinado entre o IGVS e a Fegamp para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

15.4.2019

Addenda técnica ao acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o IGVS da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para desenvolver medidas previstas no pacto de Estado contra a violencia de xénero.

17.4.2019