Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2019/11-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rafael Pena Fernández, colexiado nº 1903 COETICOR, en Ourense o día 28.2.2019, con visado núm. 713/19-CO do 1.3.2019.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A. (UFD).

Enderezo: A Batundeira, 2; 32960 Velle-Ourense.

Denominación: LMTS ao CS Polígono A Uceira núm. 1 (O Carballiño).

Situación: Concello do Carballiño.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) ao CS proxectado Uceira núm. 1 con E/S da LMT CNO811 con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, de 260 m de lonxitude a 20 kV, con orixe LMT CNO811 entre o CS Pol. Ind. 32CFL1 e CS Gasmedic 32CCM1 e final no centro de repartición proxectado (CS A Uceira núm. 1).

– LMTS ao CS proxectado A Uceira núm. 1 con E/S da LMT ALB803, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² AL, de 88 m de lonxitude, con orixe no CS proxectado A Uceira núm. 1 e final en empalme con LMT ALB803.

– Centro de repartición: tipo centro de seccionamento (4L), A Uceira 1, con 5 celas telecontroladas, para E/S das liñas ALB803 e CNO811 e acoplamento de barras.

– Orzamento: 69.279,20 €.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, se é o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, se é o caso, polos ministerios, organismos ou corporacións, que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 14 de maio de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense