Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ACORDO do 8 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade do inicio dun expediente de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse publicidade á parte substantiva do acordo adoptado pola Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Lugo:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Atención, Participación e Empleabilidade de Estudantes Universitarios do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditaría resolución que determine tanto a procedencia do reintegro, como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no suposto de que os interesados estean conformes coa obriga do reintegro, poderán facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Lugo, 8 de maio de 2019

María del Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Importe

Curso

Causa

Flores Saavedra, Briseida María

260,00 €

2015/16

1.10

Pérez Fernández, Susana

2.012,17 €

2015/16

1.10

Vázquez López, Jonatan

2.078,71 €

2015/16

1.10