Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27554

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO da oferta de emprego público 2019.

A alcaldía, con data do 9 de maio de 2019

RESOLVE:

«1º. Aprobar a oferta de emprego público, para o ano 2019, do Concello de Meaño, provincia de Pontevedra, que comprende:

a) Praza que se oferta para cubrir as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que deben proverse mediante incorporación de persoal de novo ingreso con cargo ao 100 % da taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2019:

Praza de funcionario de carreira (acceso libre):

Grupo

Denominación

Clasificación

Sistema de acceso

E

Operario

Escala de Administración especial

Subescala servicios especiais

1

Concurso-oposición

b) Postos derivados do proceso de estabilización de emprego temporal de conformidade co previsto no artigo 19.Un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

Postos de persoal laboral fixo (acceso libre):

Denominación

Nº de prazas

Xornada

Sistema de acceso

Limpador/a escola infantil 0-3 anos

1

Parcial

Concurso-oposición

Coidador/a de axuda a domicilio*

8

Parcial

Concurso-oposición

Auxiliar de coordinación SAF

1

Parcial

Concurso-oposición

Conserxe oficios varios Centro Social

1

Parcial

Concurso-oposición

* Persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenza xudicial ditada con posterioridade á aprobación do Plan de estabilización.

2º. Que se faga pública esta oferta, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto do empregado público.

3º. Esta praza de funcionario/a e postos de traballo de persoal laboral fixo serán obxecto de provisión mediante convocatoria pública, que será publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra coas súas correspondentes bases e programas, e mediante estracto de ditas convocatorias no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Meaño, 13 de maio de 2019

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa