Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de convocatoria e bases específicas para o proceso selectivo de dúas prazas de arquitecto/a.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, núm. 99, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, núm. 274, do 29 de novembro de 2018 foi publicada unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 90, do 20 de abril de 2019, foi publicada resolución relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario:

Decreto 19000862 do 7.2.2019: 2 prazas de arquitecto/a; escala: Administración especial; subescala: técnica; clase: superior; grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 30 de abril de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016,
modificado polo Decreto 18003431, do 26.4.2018)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sustentable e Persoal