Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27607

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de maio de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, mediante a Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (publicada no Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo A2, escala de subinspección urbanística

Tribunal titular:

Presidencia: Beatriz Díaz Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría: María Fernanda Montero Parapar, secretaria interventora da Administración local con habilitación de carácter nacional, subgrupo A1.

Vogais:

– Sandra María García Chenlo, secretaria interventora da Administración local con habilitación de carácter nacional, subgrupo A1.

– Pablo Díaz Vázquez, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

– María Eugenia Deus Beltrán, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

Tribunal suplente:

Presidencia: María Jesús Cristina Carballo Núñez, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

Secretaría: José María Domínguez Blanco, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– María José Valenzuela Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Iria María Alfonsín Coejo, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

– José Antonio Villamayor Filloy, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.