Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 341/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 341/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Asunción Uzal López, Herminia Rey Recouso, Marta Figueira Gómez, Patricia Castro Juncal, María del Carmen Barbeito Villasenín, Silvia Veiras Quindimil, María Jesús Sanjurjo Ferreiro, María Jesús Iglesias Figueira, María Mar Suárez Suárez, Mhirta Manteiga Rivas, Nieves Pampín Martínez, Pilar Mosquera de la Iglesia, Verónica Muíño Gemiñas contra Textil Bastián, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Asunción Uzal López, Herminia Rey Recouso, Marta Figueira Gómez, Patricia Castro Juncal, María del Carmen Barbeito Villasenín, Silvia Veiras Quindimil, María Jesús Sanjurjo Ferreiro, María Jesús Iglesias Figueira, María Mar Suárez Suárez, Mhirta Manteiga Rivas, Nieves Pampín Martínez, Pilar Mosquera de la Iglesia, Verónica Muíño Gemiñas, contra a entidade Textil Bastián, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Textil Bastián, S.L., a que aboe ás demandantes as cantidades que se concretarán en concepto de indemnización por despedimento obxectivo non aboadas:

A Marta Figueira Gómez, a cantidade de 5.915,52 €.

A María del Carmen Barbeito Villasenín, a cantidade de 3.444,89 €.

A María Jesús Sanjurjo Ferreiro, a cantidade de 5.619,04 €.

A Patricia Castro Juncal, a cantidade de 7.371,83 €.

A María Jesús Iglesias Figueira, a cantidade de 4.161,96 €.

A Asunción Uzal López, a cantidade de 3.486,66 €.

A Herminia Rey Recouso, a cantidade de 6.670,08 €.

A Verónica Muíño Gemiñas, a cantidade de 6.670,08 €.

A Silvia Veiras Quindimil, a cantidade de 5.488,92 €.

A María Mar Suárez Suárez, a cantidade de 7.371,83 €.

A Mhirta Manteiga Rivas, a cantidade de 4.671,26 €.

A Pilar Mosquera de la Iglesia, a cantidade de 6.670,08 €.

A Nieves Pampín Martínez, a cantidade de 4.714,88 €.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Textil Bastián, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza