Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27645

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (378/2018).

Eu, Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, dou fe de que no xuízo verbal de desafiuzamento por precario seguido ante este xulgado co número 378/2018 se ditou a sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Vigo o 19 de decembro de 2018.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade e o seu partido xudicial, os autos de xuízo verbal número 378/2018 promovido por Isolina Lago Lago, representada pola procuradora dos tribunais Isabel Sanjuán Fernández e asistida polo letrado Eduardo Belín Vilela, contra os ignorados ocupantes da vivenda sita na rúa Toxal, nº 12, de Vigo, en rebeldía procesual, autos nos cales resultan os seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Isolina Lago Lago, representada pola procuradora dos tribunais Isabel Sanjuán Fernández, contra os ignorados ocupantes da vivenda sita na rúa Toxal, nº 12, de Vigo, en rebeldía procesual, e en consecuencia:

1º. Declaro que os demandados, ignorados ocupantes, ocupan a vivenda sita na rúa Toxal, nº 12, de Vigo sen título ningún e sen pagar ningún tipo de contraprestación e, polo tanto, en situación de precario.

2º. Declaro que procede o desafiuzamento por precario do inmoble sito na rúa Toxal, nº 12, no municipio de Vigo.

3º. Condeno os demandados, ignorados ocupantes, a deixar libre, vacua e expedita a vivenda sita na rúa Toxal, nº 12, de Vigo, e á disposición da parte demandante, baixo apercibimento de lanzamento se non o efectúa no prazo legal.

4º. Condeno os demandados ao pagamento das custas procesuais.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer no prazo de vinte días recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Dedúzase testemuño desta resolución para a súa unión aos autos, quedando o orixinal unido ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E despois de ser dada e lida na súa data e encontrándose en paradoiro descoñecido a parte demandada, ignorados ocupantes da vivenda sita na rúa Toxal, número 12, de Vigo, expido e asino o presente para que sirva de notificación a referida demandada.

Vigo, 12 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza