Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO de nomeamento como funcionario de carreira dun encargado de persoal de oficios varios e dun oficial de oficios varios.

A Alcaldía, mediante resolucións do 14 de maio de 2019, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

– Severino Pérez Melón, con DNI número *****713*, para desempeñar o posto de persoal funcionario de encargado de persoal de oficios varios; grupo: C2; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: persoal de oficios; categoría: encargado, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas para o efecto.

– Luis Canabal Liñares, con DNI número *****984*, para desempeñar o posto de persoal funcionario de oficial de oficios varios; grupo: C2; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: persoal de oficios; categoría: oficial, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas para o efecto.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Mondariz-Balneario, 14 de maio de 2019

José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde