Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 1359/2017).

Intentada a notificación da comunicación e requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co inmoble con referencia catastral 5972908NG8667S0001SQ, e a non poderse efectuar esta á persoa responsable, cuxo número de DNI é 34392913R, efectúase a dita notificación mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que produza os efectos legais previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo nº 1359/2017, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Celanova, situadas na Praza Maior, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Celanova, 29 de abril de 2019

José Luis Ferro Iglesias
Alcalde