Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27598

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) establece que cada consellería ou entidade, deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mesía para a execución da actuación de ampliación da rede de distribución de auga no Concello de Mesía. Fase I. Concello de Mesía (A Coruña)

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

18.2.2019

Protocolo entre Augas de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para buscar e acadar o financiamento adecuado para a execución de obras de saneamento no Concello de Salvaterra de Miño

Establecer un marco xeral de colaboración entre as partes co fin de establecer as pautas de coordinación entre Augas de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para buscar fórmulas de financiamento para executar as seguintes obras:

– Mellora das infraestruturas de saneamento no Concello de Salvaterra de Miño: Nova EDAR do Mendo. Salvaterra de Miño (Pontevedra)

– Colectores de saneamento en Oleiros. Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Sen importe económico

22.2.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Boqueixón para a execución da actuación de «Mellora e optimización do funcionamento do sistema de saneamento das parroquias de Lestedo e Sergude e de nova rede de saneamento noutras parroquias. Concello de Boqueixón (A Coruña)», cofinanciado polo Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

27.2.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Noia para a execución da actuación «Mellora do sistema de abastecemento de Noia», cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

14.3.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Crecente para a execución da actuación «Mellora do sistema de abastecemento e saneamento público nas parroquias de Sendelle e Ameixeira, no concello de Crecente (Pontevedra)», cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

25.3.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Laboratorio de Medio Ambiente, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a realización de mostraxe, análise e aplicación de índices de valoración necesarios para o proceso de avaliación do estado das masas de auga

Regular a cooperación entre as partes asinantes de cara a unha adecuada programación e desenvolvemento da análise e xestión das redes de control definidas no Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa

1.185.714,50 €

11.4.2019

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Viveiro para a execución das actuacións de «Saneamento en Celeiro e mellora da EDAR de Viveiro. Concello de Viveiro (Lugo)», cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo europeo de desenvolvemento rexional (Feder) nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

26.3.2019

Convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vigo para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra

Establecer as condicións da colaboración entre as partes para realizar un estudo de alternativas, que determine a proposta máis adecuada de mellora da regulación e almacenamento de auga, de modo que se garanta o abastecemento na zona de Vigo e a zona sur da provincia de Pontevedra, e a partir das conclusións obtidas neste estudo, realizar o correspondente estudo de impacto ambiental

200.000,00 €

12.4.2019

Segunda addenda ao acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade a través do Laboratorio de Saúde Pública para o control da calidade das augas soterradas dentro do ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa

Prorrogar a vixencia do acordo de colaboración por un prazo de 8 meses

126.856,32 €

15.4.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Cañiza para a execución da actuación «Mellora do sistema de abastecemento da Cañiza», cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

22.4.2019

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Betanzos para a execución da actuación «Mellora do sistema de abastecemento de Betanzos», cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

23.4.2019