Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27722

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 28 de maio de 2019 pola que se dispón a renovación dun vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Concello de Pontevedra,

DISPOÑO:

A renovación de Miguel Anxo Fernández Lores como vogal representante do Concello de Pontevedra no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar