Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28180

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2019, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 29 de maio e 4 de xuño de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 7 e 71. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 2 e 3 da reserva (122-123).

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos). Para estes efectos, e a teor do acordado polo tribunal na sesión que tivo luar o 29 de abril de 2019, fíxase en 60 o número de respostas correctas precisas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Feita a corrección na data de hoxe, 4 de xuño de 2019, e de acordo cos criterios de corrección acordados, superaron o primeiro exercicio:

– Un aspirante da reserva prevista na base I.1.1.

– 20 aspirantes da base I.1.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo, que se xuntan como anexo, no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2019

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal