Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28115

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia número 232, do 23 de outubro). A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral do 2 de xullo de 2014, pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 14 de xullo). Esta resolución foi sucesivamente modificada polas posteriores do 15.4.2015 (DOG núm. 80, do 29 de abril), 3.6.2015 (DOG núm. 118, do 25 de xuño), 19.11.2015 (DOG núm. 230, do 2 de decembro), 7.6.2018 (DOG núm. 117, do 20 de xuño) e 6.11.2018 (DOG núm. 219, do 16 de novembro).

Recentemente producíronse variacións no cadro de persoal da Dirección Xeral de Mobilidade, cambios que afectan os membros designados pola súa vez para actuar na Xunta Arbitral de Transportes de Galicia en representación da Administración. Ao mesmo tempo, recibiuse unha proposta de modificación da persoa designada para actuar en nome das persoas cargadoras, remitida pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Todos estes cambios, unidos á multiplicidade de resolucións de designación actualmente vixentes, que restan claridade á identificación dos membros que forman parte do órgano, aconsellan que se dite unha nova resolución que, en substitución das anteriores, reproduza a composición completa do órgano arbitral.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear membros titulares e suplentes da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia ás persoas que a continuación se relacionan:

1. Presidente/a:

1.1. Titular:

– Antón García Río.

1.2. Suplentes:

– Marta María Vázquez Sanjurjo.

– María Carmen Arnoso Calvo.

2. Vogais:

2.1. Representantes da Administración:

2.1.1. Titulares:

– Marta María Vázquez Sanjurjo.

– María Carmen Arnoso Calvo.

2.1.2. Suplentes:

– David Conde Varela.

– José Jorge Martínez Fernández.

– César Concheiro Ceide.

2.2. Representante das empresas de transporte por ferrocarril:

– Vacante.

2.3. Representante das empresas de transporte de viaxeiros e viaxeiras, por proposta do Comité Galego de Transportes por Estrada:

2.3.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.3.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.4. Representante das empresas de transporte de mercadorías e das actividades auxiliares e complementarias do transporte, por proposta do Comité Galego de Transportes por Estrada:

2.4.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.4.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.5. Representante das persoas consumidoras e usuarias, por proposta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios:

2.5.1. Titular:

– Rocío Arnoso Moure.

2.5.2. Suplente:

– Almudena Carracedo Troncoso.

2.6. Representante das empresas cargadoras, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

2.6.1. Titular:

– Álvaro Hinrichs Álvarez.

2.6.2. Suplente:

– José Manuel Maceira Blanco.

3. Secretario/a:

3.1. Titular:

– David Conde Varela.

3.2. Suplentes:

– María Carmen Arnoso Calvo.

– José Jorge Martínez Fernández.

Segundo. A composición establecida nesta resolución será aplicable para as vistas e os actos da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia que teñan lugar a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Para os anteriores entenderase aplicable a composición vixente ata entón. En todo caso, para ditar os laudos correspondentes a expedientes que se elevasen para a súa resolución ao pleno da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia antes da publicación desta resolución, entenderase aplicable a composición vixente no momento de se realizar a xuntanza na que foron examinados.

Terceiro. Esta resolución substitúe a Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 2 de xullo de 2014, pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 14 de xullo), e todas as súas posteriores modificacións, que quedan sen efecto, sen prexuízo do réxime transitorio indicado no punto segundo.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2019

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade